ciencias naturais
1. As actividades do ser humano que
contaminan a auga son as relacionadas cos produtos químicos usados en
agricultura, as verteduras de petróleo ao mar e as augas sucias dos sumidoiros
das cidades que chegan aos ríos.
2. Resposta persoal… algún exemplo:
-
Protexer
as fontes de auga evitando botar lixo nelas.
-
Evitar
botar substancias químicas e combustibles á auga.
-
Evitar
que os residuos das fábricas ou industrias vaian parar aos ríos.
-
Construir
plantas de tratamento de augas residuais.
-
Realizar
campañas educativas para lograr actitudes positivas cara á conservación e
coidado da auga.
-
…….
3. A orixe dos gases contaminantes pode
ser de fontes naturais ou de procesos industriais onde hai combustión fósil que
xeran gases que contaminan o aire.
4. Os residuos poden producir
contaminación ambiental, así a reciclaxe é a única solución ao problema da
acumulación dos residuos.
5. O aire que respiramos está máis sucio
nas grandes ciudades que nunha pequena aldea.



No hay comentarios:
Publicar un comentario