Entrada destacada

BENVIDOS A 5º

 Comezamos un novo curso con moita ilusión, ganas de aprender e novos retos.. BENVIDOS A 5º!!

viernes, 17 de abril de 2020

SOLUCIÓNS

De matemáticas...
1.      Que necesidades básicas teñen as plantas para vivir?
As plantas necesitan humidade, luz e unha temperatura axeitada.

2.      Que é a clorofila? En que parte da planta se atopa?
A clorofila é unha substancia de cor verde que se encontra nas partes verdes da planta e que é a encargada de captar a luz do sol. Xeralmente a clorofila atópase nas follas.

3.      Explica o proceso da fotosíntese. Fai un debuxo para indicar todos os pasos.
A fotosíntese é o proceso polo cal as plantas fabrican o seu propio alimento.
PASOS.
1.      As raíces absorben auga e sales minerais da terra.
2.      Esta mestura é transportada ata as follas da planta.
3.      Nas follas, fabrican o alimento utilizando a auga, sales minerais e o dióxido de carbono que se atopa no aire. Necesitan a luz solar.
4.      O alimento chega a toda a planta.
(Esta pregunta é de resposta aberta. Facer un debuxo e explicar a fotosíntese nel.)



PÁXINA 54-55
2. COPIA E COMPLETA.
. As plantas para o seu crecemento necesitan humidade, luz e un chan axeitado.
. As plantas teñen unha substancia de cor verde chamada clorofila que capta a luz do sol.
. As plantas fabrican o seu propio alimento nas follas, co dióxido de carbono, a auga, os sales minerais e a enerxía que obteñen da luz solar.
Os estames conteñen os grans de pole. Os óvulos están no interior do ovario.
Cando os grans de pole fecundan o óvulo, este transfórmase nunha semente.
As rochas están compostas por minerais.
O granito está formado por cuarzo, feldespato e mica. É unha rocha magmática.

3
pétalos-corola          Sépalos- cáliz          óvulos- pistilo    estames- grans de pole
órganos protectores: corola e cáliz
órganos reprodutores: pistilo e estames.
5
SOPA DE LETRAS… tedes que atopar: humidade, luz, chan e temperatura.
6
ADIVIÑA:  a resposta é UVA.





No hay comentarios:

Publicar un comentario